Friday 10 de May de 2024

Peche actividades ximnasia de mantemento e memoria activa + Tempos para compartir


Van algunhas fotos das actividades que tiveron lugar no arboreto da Cortiña -no paseo fluvial de San Sadurniño- durante a tarde de hoxe. A área de Igualdade levou a este espazo natural o encontro de clausura das sesións de ximnasia de mantemento para persoas maiores e dos obradoiros de memoria activa que se desenvolveron desde o pasado mes de outubro. Ademais duns petiscos ao aire libre, as persoas participantes tamén gozaron da música do grupo de cantos de taberna ofrecendo un pequeno avance do repertorio que botarán mañá ao mediodía na sesión vermú do XXVIII Festival do Río Castro.

Por outra banda, e a tan só uns metros do peche das escolas, varias persoas asistiron ao obradoiro Tempos para compartir ofrecido pola viveirista local Mica Campanini. Explicou os principais coidados que requiren as plantas ornamentais, como por exemplo podas, fertilización ou trasplantado.